Xoves 25 Abril 2024

Cinco planetas no castelo de Burriac

Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Llorens
Créditos da imaxe e copyright: Ignacio Llorens

Explicación: o aliñamento de cinco planetas de febreiro estírase cruzando o ceo claro nesta escena previa ao mencer. O Castell de Burriac érguese desde o cumio en primeiro plano, ignorando á cidade de Cabrera de Mar preto de Barcelona (España, planeta Terra). O mosaico panorámico de imaxes mira ao sur. Fusiona tres exposicións de tempos diferentes para gravar un brillante cuarto minguante de Lúa, os planetas, as luces da cidade costeira e as escuras ruínas do castelo. Tal e como se ollaba o 1 de febreiro, a Lúa estaba preto de Marte no ceo. Pero esta semana os madrugadores ollaron como se movía, pasando preto de Saturno e, ao final, de Venus e Mercurio, escorregando pola eclíptica cara o mencer, achegándose á Lúa nova do 7 de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema