Abril é o mes da choiva de estrelas das Líridas.

A chuvia de inverno

Chuvia de inverno
Créditos da imaxe e copyright: Jia Hao.

Explicación: coñecida no norte coma a chuvia de meteoros de inverno, as xemínidas de 2014 choveron a cachón sobre esta paisaxe conxelada e accidentada. A escena gravouse desde o cumio do monte Changbai, ao longo da fronteira nordés de China con Corea do Norte, cunha composición de fotogramas dixitais que captan os brillantes meteoros preto do máximo da chuvia. Orión está próxima ao centro da imaxe por riba do lago do cráter volcánico. O radiante da chuvia na constelación Gemini está na parte superior esquerda, na orixe aparente de todas os rastros meteóricos. O fotógrafo Jia Hao, pagando o prezo de semellante vista irreal do espectáculo celeste, informa de refachos fortes de vento e temperaturas invernais de -34ºC preto do cumio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.