Sábado 20 Abril 2024

Unha cidade invertida baixo das nubes

Créditos da imaxe e copyright: Mark Hersch
Créditos da imaxe e copyright: Mark Hersch

Explicación: como sería unha cidade do revés? A cidade, Chicago, está en realidade perfectamente do dereito. Porén, as sombras longas que proxectaba sobre o achegado lago Michigan preto do solpor, cando se vían reflectidas, facían que os edificios apareceran invertidos. Esta fascinante e confusa, aínda que fermosa imaxe, foi captada por un fotógrafo en 2014 desde un avión ao achegarse ao aeroporto internacional O’Hare de Chicago. O Sol pode ollarse tanto por riba como por baixo da cuberta de nubes, mailo reflexo no lago calmo. Como premio, se ollas ben de preto (e isto é un desafío) poida que atopes outro avión na fotografía, probablamente achegándose ao mesmo aeroporto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón