Créditos da imaxe e copyright: William Vrbasso
Créditos da imaxe e copyright: William Vrbasso

Carina sobre o lago Ballard

Créditos da imaxe e copyright: William Vrbasso
Créditos da imaxe e copyright: William Vrbasso

Explicación: a Gran Nebulosa Carinaunha alfaia do ceo meridional, coñecida tamén coma NGC 3372, é unha das rexións de formación estelar máis grande da nosa galaxia. Visible de xeito doado a simple vista fica no máis alto do característico outeiro do lago Ballard, un lago salgado efímero de Australia Occidental, nesta queda paisaxe celeste nocturna do 25 de decembro, 2017. A propia Vía Láctea estrícase máis alá do horizonte sur. Xunto coa Vía Láctea, as brillantes estrelas Alfa e Beta Centauri está xusto por riba da aba dereita do outeiro, coa Cruz do Sur maila escura nebulosa Saco de Carbón por riba do cumio. A escena, baseada nun mosaico de 22 paneis, foi recurtada para desvelar máis de preto a beleza desta rexión da Vía Láctea meridional. Nesa curta noite de verán, empregouse unha estrela de seguemento para a montura da cámara e rexistrar así as imaxes do mosaico, pero desde fóra da imaxe alumea o primeiro plano o luar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.