Venres 19 Abril 2024

Canibalismo galáctico

Créditos da imaxe e copyright: CEDIC Team – Procesado: Markus Blauensteiner
Créditos da imaxe e copyright: CEDIC Team – Procesado: Markus Blauensteiner

Explicación: as galaxias grandes medran comendo ás máis pequechas. Incluso a nosa propia galaxia practica o canibalismo galáctico, absorbendo galaxias pequenas que se achegan moito e son capturadas pola gravidade da Vía Láctea. De feito, a práctica é común no universo como se ilustra nesta parella impresionante de galaxias interactuando desde os bancos da constelación meridional Eridanus, o Río. Localizada a uns 50 millóns de anos luz de distancia, a gran espiral retorta de NGC 1532 pode ollarse trabada nunha loita gravitatoria coa galaxia anana NGC 1531 (á dereita do centro), unha loita que a galaxia máis pequena perderá ao final. A espiral NGC 1532, vista de canto, abarca uns 100.000 anos luz. Ben detallada nesta imaxe definida, pénsase que a parella NGC 1532/1531 é semellante ao sistema ben estudiado dunha espiral de cara e unha compañeira pequena coñecido coma M51.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón