Campo amplo de M78

Créditos da imaxe e copyright: Fabian Neyer
Créditos da imaxe e copyright: Fabian Neyer
Créditos da imaxe e copyright: Fabian Neyer

Explicación: as nubes de po interstellar e as nebulosas brillantes abundan na fértil constelación de Orión. Unha das máis brillantes, M78, está centrada neste amplo campo de vista cheo de cor que cobre unha área ao norte do cinto de Orión. A unha distancia duns 1 500 anos luz, a rebulosa de reflexión azulada ten uns 5 anos luz de diámetro. A súa cor débese ao po que reflicte de xeito preferente a luz azul de estrelas novs e quentes. A nebulosa de reflexión NGC 2071 está xusto á esquerda de M78. Á dereita, cunha aparencia moito máis compacta, a intrigante nebulosa de McNeil é unha nebulosa variable recoñecida recentemente e asociada cunha estrela de tipo solar noviña. As manchas vermellas máis escuras de emisión dos obxectos Herbig-Haro, chorros potentes procedentes de estrelas en proceso de formación, saliéntase contra os corredores escuros de po. A exposición tamén fai relucir o brillo máis tenue que ocupa toda a rexión debido ao gas hidróxeno atómico.

Ceos Galegos, unha imaxe diaria con texto didáctico e un calendario astronómico xa está no aire.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.