Xoves 28 Marzo 2024

Buratos negros de galaxias en colisión

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, GSFC, Hubble, NuSTAR
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, GSFC, Hubble, NuSTAR

Explicación: trátase só dun burato negro ou dous que están a cuspir radiación de alta enerxía? Para averigualo, os astronomos apuntaron aos telescopios da NASA que orbitan a Terra NuSTAR e Chandra sobre Arp 299, as enigmáticas galaxias en colisión que expulsan a radiación. As dúas galaxias Arp 299 están trabadas nunha loita gravitational desde hai millóns de anos, mentres os seus buratos negros centrais pronto loitarán entre eles. Na publicación, a imaxe de alta resolución en luz visible foi tirada polo Hubble, mentres que o brillo difuso superposto de raios X foi tomado polo NuSTAR e amosado en cores simuladas vermella, verde e azul. As observacións do NuSTARamosan que só un dos buratos negros centrais está a loitar ao seu xeito ao traés dunha rexión de gas e po; e absorbendo polo tanto materia e emitindo raios X. A potente radiación, procedente só do centro da galaxia da dereita, seguramente é creada polo achegado, pero no exterior, horizonte de eventos do burato negro central. Máis ou menos en mil millóns de anos só ficará unha única galaxia composta e só un burato negro central supermasivo. Aínda que pouco despois pode entrar na loita outra galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón