Sábado 20 Abril 2024

Brillos nocturnos

Créditos da imaxe e copyright: Taha Ghouchkanlu
Créditos da imaxe e copyright: Taha Ghouchkanlu

Explicación: que brilla pola noite? Esta noite eran evidentes varios brillos estraños; algúns achegados, pero outros afastados. No primeiro plano navegan as luminarias  tenues e azuis da luz do plancto bioluminescente. O seguinte por proximidade, a atmosfera da Terra atenúa o horizonte e fornece unhas poucas nubes opacas. Máis afastado, o planeta Venus reloce brillante preto do centro da imaxe. Se desvías lixeiramente os teus ollos, un chorro de luz diagonal aparece salientado cruzando por tras de Venus. Esta franxa é a luz zodiacal, luz solar esparexida polo po do noso Sistema Solar. Moito máis lonxe están as numerosas estrelas brillantes individuais, a maioría máis preto dos 100 anos luz de distancia.  Aínda máis afastada, erguéndose tamén en diagonal e facendo un “V” coa luz zodiacal, está a banda central da nosa galaxia Vía Láctea. Gran parte dos milleiros de millóns de estrelas da Vía Láctea e as nubes escuras está a milleiros de anos luz de distancia. A imaxe publicada foi tirada o novembro pasado desde a costa iraniana do golfo de Omán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas