A brillante galaxia espiral M81

galaxia espiral M81
Créditos da imaxe: Telescopio Subaru (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble. Procesado e copyright: Roberto Colombari e Robert Gendler.

Explicación: unha das galaxias máis brillantes do ceo do planeta Terra é semellante en tamaño á nosa propia Galaxia Vía Láctea: M81, grande e fermosa. Esta grande galaxia espiral pode atoparse cara a constelación setentrional da Osa Maior (Ursa Major). Esta imaxe magnificamente detallada desvela o núcleo amarelo brillante de M81, os brazos espirais azuis e os extensos corredores de po cósmico cunha escala comparable á Vía Láctea. Dando a coñecer un pasado desordeado, un corredor de po destacado discorre dereito ao través do disco, á esquerda do centro galáctico, ao contrario doutros trazos espirais prominentes de M81. O corredor de po errante pode ser o resultado persistente dun encontro achegado entre M81 e a súa galaxia compañeira máis pequena, M82. O exame das estrelas variables de M81 produciu as mellores distancias determinadas para unha galaxia externa; 11,8 millóns de anos luz.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.