Explicación: de súpeto algo moi brillante alumeou o ártico. Que era? A idea orixinal era tirar unha serie de fotografias das aurora que se poderían empregar nun vídeo secuencia. Pero cando de socato a noite rompeu en día, o astrofotógrafo decatouse axiña de que estaba a ver algo aínda máis espectacular. Movéndose polo ceo, nada menos que por diante do Setestrelo, había un meteoro das xemínidas tan brillante que podía denominarse un bólido. O meteoro brillara e alumeara durante varios segundos cando se foi. Por un golpe de boa sorte, a cámara das auroras foi quen de capturar o camiño completo. Realizadas a noite posterior ao máximo da chuvia de meteoros das xemínidas, a situación do astrofotógrafo era preto do lago Lovozero en Murmansk(Rusia), xusto ao norte do círculo polar ártico.