Benvido a un cometa

Philae no cometa
Créditos da imaxe: ESA/Rosetta/Philae/CIVA.

Explicación: o módulo de descenso da misión Rosetta está seguro sobre un cometa. Unha das patas do Philae aparece no fondo esquerda desta fotografía espectacular da superficie do C67/P Churyumov-Gerasimenko. A pesares da aterraxe feliz, o Philae botou dúas veces antes de asentarse e enviar imaxes da superficie, viaxando máis ou menos un quilómetro tralo contacto inicial no sitio obxectivo Agilkia. Unha panorámica superficial suxire que o aterrador ficou inclinado e preto dunha parede en sombra, cos seus paneis solares recibindo menos iluminación da desexada. Os instrumentos científicos do Philae traballan tal e como estaba planeado e os datos están a ser transmitidos durante as xanelas de comunicacións, cando a sonda espacial Rosetta está por riba do novo horizonte do aterrador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.