Beira de nube iridescente sobre Colorado

nube iridiscente
Créditos da imaxe e copyright: Phil Plait (Bad Astronomy Blog, Slate).

Explicación: ás veces a túa visión da eclipse vai mal dun xeito interesante. Mentres ollaba e fotografaba a eclipse solar parcial do xoves pasado, un popular blogueiro de astronomía sufría polos longos periodos de nubes que bloqueaban o Sol. Porén, de xeito imprevisto, unha nube achegada comezou a amosar un efecto raro: iridescencia. A iridescencia, frecuentemente parte dun efecto da coroa solar máis familiar, é a difracción da luz solar ao redor dunha fina pantalla de pingas de auga case do mesmo tamaño uniforme. As cores diferentes da luz solar resultan desviadas por ángulos lixeiramente diferentes e así chegan ao observador desde direccións lixeiramente diferentes. Este alarde, amosado aquí, foi bastante brillante e exhibiu un rango de cores inusualmente amplo. Á dereita, tamén se poden ollar os ronseis dun avión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.