Bandas duelistas pola noite

Créditos da imaxe e licenza: Ruslan Merzlyakov (RMS Photography)
Créditos da imaxe e licenza: Ruslan Merzlyakov (RMS Photography)
Créditos da imaxe e licenza: Ruslan Merzlyakov (RMS Photography)
Créditos da imaxe e licenza: Ruslan Merzlyakov (RMS Photography)

Explicación: que son estas dúas bandas no ceo? A banda que se ve máis habitualmente é a da dereita, trátase da franxa central da nosa galaxia Vía Láctea. O noso Sol orbita no disco desta galaxia espiral, polo que desde o interior este disco seméllase a unha banda de brillo comparable ao longo de todo o seu camiño polo ceo. A banda da Vía Láctea tamén se pode ver todo o ano; se fuxes do alumeado público. A banda que se ve menos, a da esquerda, é a luz zodiacal; luz solar reflectida polo po que orbita ao Sol no noso Sistema Solar. A luz zodiacal é máis brillante preto do Sol e por iso se olla mellor xusto antes do amencer o tralo solpor. Nalgúns seráns no norte, especialmente nos meses de marzo e abril, esta fita de luz zodiacal pode destacar bastante tralo solpor. Vén de determinarse que na súa maior parte o po zodiacal foi expulsado polos cometas que pasaron preto de Xúpiter. Só en certos momentos do ano se poden ver as dúas bandas unha xunta a outra, nalgunha zona do ceo, coma desta volta. Aquí as dúas marcas luminosas semellan continuar as beiras do río Liver no ceo. A panorámica publicada de exposicións consecutivas foi rexistrada hai unhas tres semanas na Xutlandia Setentrional (Dinamarca).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.