Autorretrato da Rosetta

Rosetta
Créditos da imaxe: ESA/Rosetta/Philae/CIVA.

Explicación: este autorretrato da nave espacial Rosetta tirouse o 7 de outubro. Nese intre a nave espacial estaba a uns 472 millóns de quilómetros do planeta Terra, pero só a 16 quilómetros da superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. Ameazando máis alá da nave espacial e preto da parte superior do recadro, o po e o gas flúen desde o curioso núcleo de dobre lóbulo do cometa e a brillante luz solar escintila desde un dos paneis solares de 14 metros de lonxitude da Rosetta. De feito, combináronse dúas exposicións, unha curta e unha longa, para gravar a emocionante escena de gran contraste empregando o sistema de cámaras CIVA do aterrador Philae, aínda acoplado á Rosetta. Pode verse no lóbulo máis pequeno do núcleo o primeiro lugar elixido para a aterraxe. Este é a última imaxe adiantada polas cámaras do Philae antes de que o aterrador se afaste da Rosetta o 12 de novembro. Pouco despois da separación, o Philae tirará outra imaxe mirando cara atrás ao orbitador, e comezará o seu descenso cara ao núcleo do cometa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.