Créditos: SpaceX

Automóbil en órbita terrestre

Créditos: SpaceX
Créditos: SpaceX

Explicación: a semana pasada un automóbil orbitou a Terra. O vehículo, creado por humanos e robots na Terra, foi lanzado pola compañía SpaceX para demostrar a capacidade do seu foguete Falcon Heavy para situar unha nave espacial no exterior no Sistema Solar. Fabricado á mantenta para ser extravagante, pensouse que o icónico coche era un obxecto demostrativo mellor ca bloques de formigón. Un manequí vestido cun traxe espacial, alcumado coma Starman ou home das estrelas, senta no asento do condutor. A imaxe publicada é un fotograma dun vídeo tirado por unha das tres cámaras montadas no coche. Estas cámaras, conectadas á batería do automóbil, ficaron sen potencia. O coche, acoplado a un propulsor da segunda etapa, deixou axiña a órbita da Terra e orbitará ao Sol entre a Terra e o cinto de asteroides para sempre: quizais ata os milleiros de millóns de anos desde hoxe ata que o Sol se expanda nunha xigante vermella. De reperarse algunha vez, o que quede do coche pode converterse nunha xanela única ás tecnoloxía desenolvidas na Terra entre os séculos XX e o comezo do XXI.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.