Venres 19 Abril 2024

Auroras e magnetosfera de Xúpiter

Créditos da ilustración: JAXA. Créditos da imaxe inserida: NASA, ESA, Chandra, Hubble
Créditos da ilustración: JAXA. Créditos da imaxe inserida: NASA, ESA, Chandra, Hubble

Explicación: Xúpiter ten auroras. O campo magnético do planeta máis grande do noso Sistema Solar, como preto da Terra, comprímese cando é batida por refachos de partículas cargadas procedentes do Sol. Esta comprensión magnética canaliza as partículas cargadas cara os polos de Xúpiter que descenden pola atmosfera. Alí, os electróns son excitados ou arrincados temporalmente dos gases atmosféricos e, despois, cando se desexcitan ou recombinan cos ións atmosféricos, emítese a luz auroral. Ailustración publicada representa a magnífica magnetosfera ao redor de Zúpiter en acción. Na imaxe inserida que se publicou o mes pasado, o observatorio de raios X Chandra que orbita á Terra amosa raios X dunha potencia abraiante emitidos polas auroras xovianas,representadas en púrpura. Ese recadro do Chandra superponse sobre unha imaxe óptica tomada nun momento diferentes polo Telescopio Espacial Hubble. Esta aurora sobre Xúpiter ollouse en outubro de 2011, varios días despois de que o Sol emitira unha potenteExección de Masa Coronal (CME).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela