Aurora sobre xeo

Aurora sobre xeo

Aurora sobre xeo
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées).

Explicación: pois non é unha bóla de neve; esta ampla imaxe de ollo de peixe de xeo e ceo captouse o 1 de febreiro desde a praia Jökulsárlón, ao surleste de Islandia, planeta Terra. Anacos de xeo glacial sobre a area negra relocen na luz dunha Lúa case chea arrodeada por un halo brillante. O propio halo lunar de 22 graos está creado por cristais de xeo nas nubes altas e finas que refractan o luar. A pesares do brillante luar, cortinas de aurora danzan ao través da escena surreal. A comezos de febreiro, a súa actividade foi desencadeada pola inqueda magnetosfera da Terra e o potente vento procedente dun burato coronal preto do polo sur do Sol. Un Xúpiter brillante, tamén preto da oposición, pode verse á esquerda máis alá do xeado halo lunar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.