Explicación: déronse xuntas varias condicións chave para crear este disparo premiado. Estas inclúen unha noite escura, poucas nubes, una mostra de aurora épica e un corpo de auga tanto en calma abondo e sen conxelar abondo como para reflectir estrelas. A paisaxe celeste amosada, chea de actividade e serenidade, aparecía sobre o glaciar Vatnajökull de Islandia en xaneiro de hai un ano, coa lagoa do iceberg Jökulsárlón captada en primeiro plano. As auroras enchendo os ceos seguen a ser comúns preto dos polos da Terra mentres o noso Sol, preto do máximo solar, continúa a expulsar potentes nubes de plasma ao interior do Sistema Solar.