Venres 19 Abril 2024

Aurora pantasma sobre Canadá

Créditos da imaxe e copyright: Yuichi Takasaka, TWAN
Créditos da imaxe e copyright: Yuichi Takasaka, TWAN

Explicación: a que se che parece esta aurora? Ao afrontar o frío para ollar os ceos por riba do Canadá setentrional nunha madrugada de 2013, apareceu unha aurora moi estraña. Realmente a aurora semellaba ter a forma de algo pero, que? Dúas posibilidades pantasmais rexistradas polo astrofotógrafo foron “meiga” e “deuxa do mencer”, pero pregámosche que te sintas ceibe para suxerir as túas propias impresións inspiradas no Samaín. A pesares de todas as interpretacións de fantástica pareidolia, a aurora fotografada ten unha cor verde típica seguramente pola acción cientificamente típica de partículas de alta enerxía procecedentes do espazo interaccionando co osíxeno da atmosfera superior da Terra. No primeiro plano da imaxe, abaixo, están a fervenza de Alexandra Falls conxelada, coas árbores perennes atravesando o centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón