Sábado 20 Abril 2024

Aurora espiral sobre Islandia

Créditos da imaxe e copyright: Davide Necchi.
Créditos da imaxe e copyright: Davide Necchi.

Explicación: que está a pasar no ceo? A aurora! Esta aurora, capturada a finais do mes pasado, destacou para os islandeses polo seu gran brillo e rápido desenvolvemento. A aurora resultou dunha tormenta solar, con partículas de enerxía elevada fuxindo desde o Sol e atravesando unha fenda na protectora magnetosfera da Terra uns poucos días despois. Aínda que se pode albiscar un deseño esprial, a creatividade humana pode imaxinar o complexo brillo coma unha aparición atmosférica de calquera número de iconas habituais. No primeiro plano da imaxe publicada está o río Ölfusá, mentres as luces alumean unha ponde da cidade de Selfoss. Xusto por riba das nubes baixas está unha Lúa case chea. A animación do Sol, e as auroras que resultan sobre a Terra, está a diminuír paseniñamente mentres o Sol emerxe dun máximo solar de actividade superficial e evoluciona cara un periodo historicamente máis quedo no seu ciclo de 11 anos. De feito, os astrónomos solares está a agardar para ollar se o vindeiro mínimo solar será tan estrañamente quedo coma o anterior, onde ás veces algúns meses pasaban se manchas solares distinguibles ou outros fenómenos solares activos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo

As catro veces que o fenómeno se puido ver en Galicia nos últimos cen anos

A primeira do século aconteceu o pasado domingo, pero os ceos cubertos polo paso dunha borrasca atlántica impediron a súa visualización
00:01:03

Así se viu a aurora boreal dende Almería

Unha das cámaras do Observatorio de Calar Alto gravou un vídeo 'timelapse' do histórico fenómeno

Unha aurora boreal en Galicia: a actividade solar iluminou o ceo do domingo

As nubes impediron desfrutar do espectacular fenómeno, que se puido observar dende zonas como Extremadura e Andalucía