Aurora e Vía Láctea nun ceo pequeno

Aurora e Vía Láctea
Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand

Explicación: unha ponte de poldras parece levar ata a Vía Láctea que se estira ao través deste ceo pequeno. Como é natural, realmente a escena amosa a noite do equinoccio outonal do hemisferio setentrional. A auga e o ceo están invertidos de arriba abaixo, ao redor do horizonte coa proxección estereográfica centrada no cénit sobre o Lago Storsjön, en Jämtland, Suecia. Ao norte, a Vía Láctea arquéase desde o leste ata o oeste en todo o alto mentres empeza o outono, pero a estación tamén é un bo momento para ollar a aurora. As tormentas xeomagnéticas medran en frecuencia preto do equinoccio e producen destacadas aparicións de luces do norte en altitudes elevadas, coma o misterioso brillo verdeallo reflectido neste cosmos augacento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.