Aurora e piar volcánico de luz

volcanicpillar_vetter
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)

Explicación: iso non é un solpor. E esa fina liña vermella xusto por riba del, iso non é un pilar solar. O brillo vermello do horizonte orixínase a partires dunha erupción volcánica, e a liña vermella é a reflexión da erupción polos cristais de xeo atmosférico que flutúan no aire. Este estraño piar de luz volcánico captouse sobre Islandia a comezos deste mes. A escena publicada mira ao norte desde Jökulsárlón cara o volcán en erupción Bárðarbunga no eido de lava Holuhraun. Incluso o ceo do primeiro plano é pintoresco, con nubes de textura grisalla na atmósfera baixa, a escintilante aurora verde na atmosfera superior e estrelas brillantes afastadas ao lonxe. Aínda que a última erupción de Holuhraun foi en 1797, a actual actividade volcánica continúa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.