Sábado 20 Abril 2024

Atlas, Daphnis e Pan

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: AtlasDaphnis e Pan son as lúas pequenas e interiores dos aneis de Saturno, amosadas á mesma escala nesta montaxe de imaxes desde a sonda espacial Cassini que orbita Saturno. De feito, Daphnis foi descuberta en imaxes da Cassini de 2005. Atlas e Pan foron albiscadas por primeira vez en fotografías das naves espaciais Voyager 1 e 2. Atlas, con forma de prato voador, orbita preto do bordo máis externo do brillante anel A de Saturno mentres Daphnis orbita por dentro da estreita división Keeler do anel A e Pan dentro da máis grande división Encke do anel A. As curiousas cristas ecuatoriais das pequenas lúas dos aneis poderían ser formadas polo amoreamento de material do anel co tempo. Incluso a diminuta Daphnis provoca ondas no material do anel mentres paira ao longo do bordo da división Keeler.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:12

Pan con masa nai: máis saudable e saboroso? 

Xunto coa masa nai, os tempos de repouso son outra das garantías dun pan común con sabor e nutricionalmente beneficioso para a nosa saúde