Xoves 28 Marzo 2024

Así foi ensamblada a Estación Espacial Internacional


Créditos da animación: NASA‘s Johnson Space Center
Explicación: vén sendo o obxecto máis sofisticado e grande construído nunca antes fóra da Terra. Levou numerosas viaxes espaciais e unha década construíla. A Estación Espacial Internacional (ISS) é na actualidade o primeiro hábitat para humanos en órbita terrestre e unha amalgama de sofisticados laboratorios en órbita que examinaron de todo desde a formación de materiais novos e medicinas creadas en microgravidade, polas limitación do corpo humano, ata a composición do Universo. Este mes, a ISS (siglas en inglés para a EEI) está a celebrar os seus 15 anos de residencia humana continua. A ISS foi visita por astronautas de 15 países ata o de agora e ten socios internacionais liderados por NASA (EUA), Roscosmos (Rusia), CSA (Canadá), JAXA (Xapón) e ESA (Europa). Aanimación publicada amosa a construción peza por peza da ISS desde 1998 ata 2011. AISS, que abarca a lonxitude dun campo de fútbol, pode ollarse como unha punto estrañamente brillante vagando paseniñamente no máis alto por calquera que saiba cando e onde mirar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites