Martes 16 Abril 2024

As dúas colas do cometa Catalina

Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó
Créditos da imaxe e copyright: José J. Chambó

Explicación: un agasallo de aninovo para os prismáticos, mentres comeza o 2016 o cometa Catalina (C/2013 US10) está a atravesar os ceos antes do mencer do planeta Terra preto da brillante Arcturus, a estrela alpha de Bootes (o Pastor de Bois). Pero este mosaico telescópico do 21 de decembro segue as fermosas colas do cometa pasando por un campo de vista tan amplo coma 10 lúas cheas. A sementeira de galaxias afastadas e estrelas febles do fondo están na constelación de Virgo. A cola de po de Catalina, que persegue ao cometa na súa órbita, esparéxese por abaixo e á esquerda do cadro. A súa cola iónica está en ángulo cara a parte superior dereita, á contra do Sol e empurrada polo vento solar. O 17 de xaneiro, o visitante exterior procedente da nube de Oort realizará o seu achegamento máis próximo á Terra, a tan só 110 millóns de quilómetros de distancia, ollándose preto das estrelas brillantes oa longo do mango do Gran Carro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os humanos non teñen cola? A resposta está nos “xenes saltóns”

Un estudo publicado na revista 'Nature' explica que secuencias móbiles de ADN propiciaron a perda deste apéndice

Instrucións para observar o recentemente descuberto cometa Nishimura

Ata mediados de setembro poderemos desfrutar dun corpo atopado hai unha semana por un astrónomo afeccionado xaponés

Así se viu o cometa verde dende Vila de Cruces

As redes sociais comezan a inundarse de imaxes do fenómeno astronómico da última decada

Como observar en Galicia o cometa verde que verás unha vez na vida

Recoméndase a súa contemplación dende zonas escuras libres de contaminación lumínica e con prismáticos