Xoves 28 Marzo 2024

Arp 87: galaxias colisionando desde o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Space Telescope; Procesado: Douglas Gardner
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Space Telescope; Procesado: Douglas Gardner.

Explicación: este baile é a morte. Ao longo do camiño, mentres estas dúas grandes galaxias fan un duelo, unha ponte cósmica de estrelas, gas e po esténdese actualmente uns 75.000 anos luz para unilas. A propia ponte é unha forte evidencia de que estes dous inmensos sistemas estelares pasaron preto un do outro e experimentaron violentas mareas inducidas pola gravidade mutua. Coma evidencia adicional, a galaxia espiral que se olla de fronte á dereita, tamén coñecida coma NGC 3808A, exhibe moitos cúmulos de estrelas novas azuis producidas nun estourido de formación estelar. A espiral retorta de canto da esquerda (NGC 3808B) semella estar envolta no material que conecta as galaxias e arrodeada por un curioso anel polar. Xuntas, o sistema coñécese coma Arp 87e clasifícase morfoloxica e tecnicamente coma peculiar. Mentres tales interaccións se prolongan durante milleiros de millóns de anos, os achegamentos continuos deberían resultar ao final na morte dunha galaxia no sentido de que só haberá unha soa resultante. Aínda que este escenario parece peculiar, pénsase que as fusións galácticas son comúns, con Arp 87 representando unha etapa neste inevitable proceso. A parella Arp 87 está a uns 300 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de Leo. A destacada espiral de canto do extremo esquerdo parece ser unha galaxia máis afastada no fondo e non involucrada na fusión en marcha.
Descarga o Universo: calendarios de parede do APOD 2016
18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD. Con X. Dosi Veiga, o tradutor deste lugar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual

As novas fotografías do James Webb amosan unha galaxia anana con maior precisión

O telescopio espacial da Nasa consegue capturar con detalle unha galaxia enana solitaria, a Wolf Lundmark Melotte

Así son os primeiros momentos tras a explosión dunha supernova

O telescopio Hubble fotografa as primeiras fases dun estoupido estelar que se produciu no universo primitivo