Venres 29 Marzo 2024

A árbore da aurora

Créditos da imaxe e copyright: Alyn Wallace Photography
Créditos da imaxe e copyright: Alyn Wallace Photography

Explicación: si pero, pode facer isto a túa árbore? Fotografouse unha coincidencia visual entre as pólas escuras dunha árbore achegada e a brillante luz dunha aurora afastada. A fermosura da aurora, combinada de xeito que parece mimetizarse cunha árbore próxima, fascinou ao fotógrafo en tal grao que por un intre esqueceu tirar fotografías. Cando viu o ángulo correcto, parecía que esta árbore tiña unha aurora como follas! Por sorte, antes de que a aurora mudase nunha forma diferente, recobrou o sentido e captou a alucinante coincidencia momentánea. As auroras, desencadeadas tipicamente por explosións solares, son provocadas por electróns de alta enerxía que impactan na Atmosfera da Terra a uns 150 quilómetros de altura. A estraña colaboración Terra-ceo foi albiscada a comezos deste mes en Islandia.

Rematamos a xira galega das charlas sobre o APOD do último ano en Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente