Créditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; Anáglifo por Patrick Vantuyne

Apollo 17: imaxe en estéreo desde a órbita lunar

Créditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; Anáglifo por Patrick Vantuyne
Créditos da imaxe: Gene Cernan, Apollo 17, NASA; Anáglifo por Patrick Vantuyne

Explicación: pega dos teus lentes vermello/azuis e comproba esta abraiante imaxe en estéreo doutro mundo. A escena foi rexistrada polo comandante da misión Apollo 17 Eugene Cernan o 11 de decembro de 1972, unha órbita antes de descender para aterrar na Lúa. O anáglifo en estéreo foi ensamblado a partires de dúas fotografías (AS17-147-22465, AS17-147-22466) captadas desde o seu punto privilexiado do Módulo Lunar mentres el e o Dr. Harrison Schmitt sobrevoaban o lugar de aterraxe da Apollo 17 no val Taurus-Littrow. Preto do centro da imaxe emerxe a ampla e alumeada faciana da montaña alcumada Massif Sur, sobre o solo escuro de Taurus-Littrow á súa esquerda. Máis alá das montañas, cara o limbo lunar, atópase o Mare Serenitatis da Lúa. O Módulo de Mando América, pilotado por Ron Evans, pode verse en órbita en primeiro plano contra o cumio de Massif Sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.