Venres 19 Abril 2024

Anomalías gravitatorias de Mercurio

Anomalías gravitatorias de Mercurio
Créditos da imaxe: NASA, GSFC‘s SVS, JHU’s APL, Carnegie Inst. Washington.

Explicación: que hai baixo a superficie de Mercurio? A nave espacial automática MESSENGER, que estivo a orbitar ao planeta Mercurio durante os pasados catro anos, estivo a transmitir os seus datos cara a Terra con ondas de radio de enerxía moi precisas. Porén, a gravidade do planeta cambiaba lixeiramente esta enerxía cando se medía na Terra, o que permitiu a reconstrución dun mapa de gravidade dunha precisión sen precedentes. Aquí amósanse as anomalías gravitatorias en cores falsas, superpostas na imaxe da superficie planetaria chea de cráteres. As cores vermellas indican áreas de gravidade lixeiramente máis elevadas, o que por contra significa zonas que deberían ter materia estrañamente máis densa baixo a superficie. A zona central é a conca Caloris, un enorme accidente xeográfico de impacto cun diámetro medido de 1.500 quilómetros. A semana pasada, despois de completar a súa misión e ficar baixa de combustible, a MESSENGER  foi dirixida á mantenta para chocar sobre a superficie de Mercurio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente