Créditos da imaxe: Y. Hezaveh (Stanford) et al., ALMA (NRAO/ESO/NAOJ), NASA/ESA Hubble Space Telescope
Créditos da imaxe: Y. Hezaveh (Stanford) et al., ALMA (NRAO/ESO/NAOJ), NASA/ESA Hubble Space Telescope

Anel de Einstein da galaxia

Créditos da imaxe: Y. Hezaveh (Stanford) et al., ALMA (NRAO/ESO/NAOJ), NASA/ESA Hubble Space Telescope
Créditos da imaxe: Y. Hezaveh (Stanford) et al., ALMA (NRAO/ESO/NAOJ), NASA/ESA Hubble Space Telescope

Explicación: pode unha galaxia ocultarse por tras doutra? Non é o caso de SDP.81. Aquí, a galaxia que está en primeiro plano, amosada en azul nunha imaxe tirada polo Telescopio Espacial Hubble, actúa coma unha enorme lente gravitatoria, turrando da luz dunha galaxia en segundo plano, que se amosa en vermello nunha imaxe tirada en ondas de radio polo Atacama Large Millimeter Array (ALMA), ao redor da primeira, facéndoa visible. O aliñamento é tan preciso que a galaxia afastada aparece retorta como un anel parcial ao redor da galaxia dianteira, unha formación coñecida coma anel de Einstein. Unha análise polo miúdo das distorsións de lente gravitatoria indica que unha pequena galaxia satélite escura participa nas deflexións, reforzando a idea de que moitas galaxias satélite son moi febles e dominadas pola materia escura. Esa galaxia pequena está representada por un pequeno punto branco á esquerda. Aínda que só abarca uns poucos segundos de arco, o anel de Einstein que se amosa ten realmente deceas de milleiros de anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.