Martes 23 Abril 2024

Andrómeda érguese sobre Colombia

Créditos da imaxe e copyright: Hugo Armando Rúa Gutiérrez
Créditos da imaxe e copyright: Hugo Armando Rúa Gutiérrez

Explicación: que é iso que se está a erguer por riba do outeiro? Unha galaxia. Tres amigos dun astrofotógrafo, que nunca antes viran unha galaxia, experimentaron un excitante ceo nocturno de primeira man que amosaba non só a franxa da nosa galaxia Vía Láctea pero tamén á veciña da Vía Láctea, a galaxia Andrómeda. A captura da escena requiriu unha coidadosa planificación anterior ao disparo, incluíndo atopar un sitio bo, agardar polo bo tempo, equilibrar tamaños angulares relativos cun teleobxectivo, arranxar o alumeado e minimizar a absorción atmosférica da luz. Por tanto, o disparo programado situou aos amigos sobre un outeiro a uns 250 metros de distancia e uns 50 metros por riba. A imaxe publicada, dun soa exposición, foi tirada o 26 de xullo ás 11:30 p.m. enGuatape (Colombia), a unhas dúas horas desde Medellín. As estrelas que se ollan ao redor están preto, na nosa propia galaxia, mentres a pequena galaxia xusto por riba deM31 é M110, satélite de Andrómeda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang