Sábado 20 Abril 2024

Andrómeda en visual e infravermello

 Galaxia Andrómeda
Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Mayall 4M Telescope (KPNO, NOAO), Digitized Sky Survey, Spitzer Space Telescope. Procesado e copyright: Robert Gendler

Explicación: esta extraordinaria imaxe composta en cor sintética construíuse a partires de arquivos de datos de fotografías astrónomicas en luz visible e infravermella. O campo de visión abarca a galaxia Andrómeda (M31), unha enorme espiral a tan só 2,5 millóns de anos luz de distancia. De feito, cunhas dúas veces o diámetro da nosa propia Vía Láctea, Andromeda é a galaxia achegada máis grande. A poboación de brillantes estrelas novas azuis de Andrómeda atópase ao longo dos seus extensos brazos espirais, cun brillo avermellado desvelador de rexións de formación estelar marcadas polos datos de luz visible de telescopios terrestres e espaciais. Pero os datos do infravermello procedentes do Telescopio Espacial Spitzer, tamén combinados directamente nas canles de cor vermella e verde da detallada composición, salientan os grumosos corredores de po amornados polas estrelas novas mentres se envolven aínda máis preto do núcleo da galaxia. O po morno, doutro xeito invisible en lonxitudes de onda do visual, aparece en cores laranxas. Tamén se inclúen no cadro dúas galaxias compañeiras máis pequenas, M110 (debaixo) e M32 (enriba) .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente