Explicación: colle os teus lentes vermello/azuis e comproba esta escena en estéreo do val Taurus-Littrow sobre a Lúa! O anáglifo en cor amosa unha vista 3D polo miúdo do todoterreo lunar da misión Apollo 17 en primeiro plano; por tras está o Módulo Lunar e os outeiros lunares ao lonxe. Como todo o mundo puido ollar o despegue da etapa de ascenso do Módulo Lunar grazas á cámara de TV do todoterreo, este lugar de aparcamento tamén se coñeceu como o lugar VIP. En decembro de 1972, os astronautas do Apollo 17 Eugene Cernan e Harrison Schmitt pasaron unhas 75 horas na Lúa, mentres o compañeiro Ronald Evans orbitaba por riba. A tripulación voltou con 110 quilogramos de rochas e mostras de solo, máis que de calquera outro dos lugares de aterraxe lunar. Cernan e Schmitt aínda son os últimos en camiñar (ou conducir) na Lúa.
Ceos Galegos, unha imaxe diaria con texto didáctico e un calendario astronómico xa está no aire.