Amencer da Terra

Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA.
Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA.

Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA.
Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA.

Explicación: Que está a erguerse sobre o bordo da Lúa? A Terra. Hai uns 47 anos, en decembro de 1968, a tripulación da Apollo 8 voaba desde a Terra á Lúa e volvía. Frank Borman, James Lovell e William Anders foron lanzadas no cumio dun foguete Saturno V o 21 de decembro, orbitaron a Lúa dez veces no seu módulo de comando e voltaron á Terra o 27 de decembro. A impresionante lista de “primeiras veces” da misión Apollo 8 inclúe: os primeiros humanos en viaxar á Lúa terrestre, a primeira vez en voar usando o foguete Saturno V e a primeira en fotografar a Terra desde o espazo fondo. Mentres o módulo de comando da Apollo 8 arrodeaba a cara afastada da Lúa, a tripulación puido mirar cara o horizonte luar e ollar á Terra que semellaba amencer, debido ao movemento orbital da nave espacial. A súa famosa fotografía dunha Terra azul afastada por riba do limbo da Lúa foi un regalo marabilloso para o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.