Xoves 25 Abril 2024

Achegamento a Xúpiter

Explicación: como sería achegarse a Xúpiter? Para axudar a responder isto un equipo de 91 astrofotógrafos afeccionados tiraron unhas 1.000 fotografías de Xúpiter desde a Terra, aliñando e unindo dixitalmente as imáxenes resultantes no vídeo secuencia publicado. A captura de fotografías comezou en decembro de 2014 e durou uns tres meses. A secuencia ficticia resultante do achegamento ten semellanzas co que viu a sonda espacial Juno da NASA cando se achegou por vez primeira ao mundo xoviano no pasado xullo. O vídeo comeza con Xúpiter aparecendo coma un orbe pequeno preto do centro da imaxe. Mentres Xúpiter se aproxima desde abaixo, o planeta achégase facéndose máis grande mentres a rotación das súas bandas nubradas se fai máis aparente. A minguada Gran Mancha Vermella do planeta rota nas imaxes dúas veces, amosando ás veces actividade fóra do normal. Poden verse moitos óvalos brancos que se moven ao redor do planeta xigante. O vídeo remata cando a nave imaxinaria pasa por riba do polo norte de Xúpiter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela