Xoves 18 Abril 2024

Abraiantes raios X desde o cúmulo galáctico Perseo

Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXO/Oxford University/J. Conlon et al.; Radio: NRAO/AUI/NSF/Univ. de Montreal/Gendron-Marsolais et al.; Visual: NASA/ESA/IoA/A. Fabian et al.; DSS
Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXO/Oxford University/J. Conlon et al.; Radio: NRAO/AUI/NSF/Univ. de Montreal/Gendron-Marsolais et al.; Visual: NASA/ESA/IoA/A. Fabian et al.; DSS

Explicación: por que brilla o cúmulo galáctico Perseo tan estrañamente nunha cor específica de raios X? Ninguén está seguro, pero unha hipótese moi debatida sostén que eses raios X son un indicio da identidade da materia escura, buscada por moito tempo. No centro deste misterio está unha cor de raios X de 3,5 Kilo-electronvoltios(KeV) que semella brillar de xeito excesivo só cando as rexións moi exteriores do centro do cúmulo son observadas, toda que vez que a zona que arrodea directamente un probable burato negro supermasivo central é realmente deficiente en raios X de 3,5 KeV. Unha solución proposta, bastante controvertida, é que podería estar presenta algo nunca visto antes: materia escura fluorescente (FDM). Esta forma de materia escura de partículas podería ser quen de absorber radiación X de 3,5 KeV. De existir a FDM, trala absorción podería emitir eses raios X desde todas as partes do cúmulo, creando unha liña de emisión. Porén, cando se mira superposta por diante da rexión central que arrodea ao burato negro, a absorción da FDM sería máis destacada, creando unha liña de absorciónNa imaxe, unha imaxe composta do cúmulo galáctico Perseo amosa a luz visible e de radio en vermello, e a luz de raios X captada polo observatorio Chandraque orbita á Terra en azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón