Venres 29 Marzo 2024

Volcán de lume en erupción baixo as estrelas

Volcán de lume en erupción baixo as estrelas
Créditos da imaxe e copyright: Diego Rizzo.

 
Explicación: Primeiro houbo un estraño cheiro. Despois houbo un estoupido ruidoso. Pero o que apareceu á vista foi o máis abraiante de todo. Mentres agardaba preto da medianoite para ollar a posible erupción do Volcán de Fuego (Volcán de Lume) de Guatemala o mes pasado, unha cámara lista capturou esta imaxe extraordinaria. Pode verse á lava correndo pola aba do volcán, mentres as cinzas se erguen, e burbullas de magma brillantes explosionan fóra da caldeira. Poden ollarse luces preto na cidade de Escuintla ao fondo, unha das varias cidades achegadas que presenciaron varias erupcións espectaculares previamente. No máis alto, aparentemente tranquilas en comparación, están as estrelas familiares no ceo nocturno. Aínda que normalmente o Volcán de Fuego experimenta actividade de baixo nivel, descoñécese cando ocorrerá a vindeira erupción espectacular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo tipo de estrela ofrece pistas sobre os imáns máis potentes do universo

Un estudo recente suxire que unha estrela masiva en helio producirá un magnetar cando explote como supernova

Por que a noite é escura se hai infinitas estrelas?

Hai agora 200 anos que Heinrich Olbers se fixo esta pregunta. O paradoxo de Olbers discutiuse dende entón e ata Poe buscou unha resposta

Atopan o mapa estelar completo máis antigo do mundo nun templo medieval

As probas apuntan a que o mapa foi feito por Hiparco, o pai da astronomía científica

Así é o mapa máis preciso e completo da Vía Láctea

A misión Gaia, da Axencia Espacial Europea, presenta a nova versión do seu catálogo, con información inédita e mellorada de 1.800 millóns de estrelas da nosa galaxia