Sábado 20 Abril 2024

A Vía Láctea sobre Uluru

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: as rexións centrais da nosa galaxia Vía Láctea érguense sobre Uluru/Ayers Rock nesta espectacular paisaxe celeste nocturna. Captada o 13 de xullo, unha tenue luminescencia ao longo do horizonte salienta o perfil do accidente xeográfica máis recoñecible da Australia central. Por suposto que as nubes de po cósmico da Vía Láctea tamén aparecen perfiladas, gretas escuras ao longo das tenues diversidades de estrelas. Por riba do vulto central, os ríos de po cósmico converxen na brillante e amarelada estrela superxigante Antares. Á esquerda de Antares, un Saturno vagabundo brilla na noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150