Venres 29 Marzo 2024

NGC 7331 e máis alá

galaxia espiral NGC 7331
Créditos da imaxe e copyright: Tony Hallas.

Explicación: a grande e fermosa galaxia espiral NGC 7331 a miúdo é promocionada como semellante a nosa propia Vía Láctea. A uns 50 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional Pegasus, NGC 7331 era recoñecida ao primeiro coma unha nebulosa espiral e realmente é unha das galaxias máis brillantes que non se inclúe no famoso catálogo de Charles Messier do século XVIII. Como o disco da galaxia está inclinado cara a nosa liña de visión, as exposicións telescópicas longas a cotío resultan nunha imaxe que evoca un forte sentido de fondura. O efecto é máis salientado nesta definida imaxe desde un telescopio pequeno polas galaxias que se atopan máis alá do precioso universo illa. As máis destacadas das galaxias do fondo teñen un décimo do tamaño aparente de NGC 7331 e, polo tanto, están máis ou menos dez veces máis afastadas. O seu aliñamento no ceo con NGC 7331 débese só a unha casualidade. Tal e como se olla ao través de nubes de po tenues no primeiro plano que aparecen por riba do plano da Vía Láctea, estre grupo visual de galaxias coñécese coma o Grupo Deer Lick.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente