Xoves 28 Marzo 2024

A Vía Láctea sobre os Toadstools de Arizona

A Vía Láctea sobre os Toadstools de Arizona
Créditos da imaxe e copyright: David Lane e R. Gendler (3 recadros).

Explicación: que é máis vello, as rochas que ves no chan ou a luz que ves do ceo? Normalmente as rochas son máis vellas, coa súa orixe nos sedimentos depositados ben antes de que a luz deixara calquera das estrelas ou nebulosas que ollas no ceo. Porén, se podes mirar, por un telescopio, unha galaxia afastada no Universo, máis lonxe que Andrómeda ou a galaxia espiral NGC 7331 (recadro), entón está a ollar luz máis antiga. Aquí se amosa o disco central da nosa galaxia Vía Láctea que se arquea sobre as formacións de rocha Toadstool hoodoos do norte de Arizona (EUA). Os Toadstool, estraños puchos de rocha, son arenitas relativamente duras que o vento erosionou máis lentamente cás arenitas inferiores. As bandas verdes son luminescencia, luz emitida polo aire estimulado da atmosfera da Terra. Na parte inferior dereita hai unha cámara de vídeo secuencia situada para capturar o ceo rotando por tras da pintoresca escena do primeiro plano.
N.T.: toadstool tradúcese coma “cogumelo velenoso”, sen dúbida pola forma que teñen. Máis non hai un equivalente na nosa lingua a este elemento xeolóxico. O mesmo para hoodoos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os científicos somos un pouco detectives: o caso dos envelenamentos por arsénico en Arizona

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O arsénico podería ser considerado o rei dos...

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos