A Vía Láctea, desde unha cova mariña en Malibú

A Vía Láctea desde unha cova do mar en Malibú

A Vía Láctea desde unha cova do mar en Malibú
Créditos da imaxe e copyright: Jack Fusco.

Explicación: que está a pasar no exterior desta cova? Nada doutro mundo; só a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea que está a pasar por diante. Mentre a Terra xira, a franxa da nosa galaxia parece rotar e xirar ao longo do horizonte. A imaxe publicada foi tirada por un fotógrafo que profesa unha paixón pola localización de covas mariñas e que atopou esta espectacular furna no parque estatal Leo Carrillo preto de Malibú, (CaliforniaEUA). Despois dalgunha planificación, programou este único disparo ao través da entrada de 10 metros de altura da cova para amosar a Vía Láctea ao lonxe. No primeiro plano, varias rochas de aproximadamente un metro de diámetro son visibles. Pode ollarse no fondo unha paisaxe estelar de millóns de estrelas que inclúen a relativamente brillante e laranxa Antares, situada xusto á dereita do centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.