Sábado 20 Abril 2024

A Terra, durante unha eclipse total de Sol

A Terra durante unha eclipse total do Sol
Créditos da imaxe: tripulación da expedición 12, NASA.

Explicación: a que se parece a Terra durante unha eclipse total solar? Aparece escura na rexión na que a xente ve a eclipse, porque é onde cae a sombra da Lúa. Realmente, a mancha de sombra roda a fume de carozo pola Terra a case 2.000 quilómetros por hora, escurecendo as localidades do seu camiño só durante uns poucos minutos antes de seguir a viaxe. A imaxe publicada amosa a Terra durante a eclipse total solar de marzo de 2006, tal e como se ollaba desde a Estación Espacial Internacional. Este venres, a Lúa moverase por diante do Sol outra vez, proxectando outra sombra circular distorsionada que, desta volta, pasará voando por parte do Océano Atlántico norte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada