Martes 16 Abril 2024

A supernova Tycho espallándose

Explicación: que estrela creou este enorme peido de lobo en expansión? Publícase aquía primeira película feita ata o de agora da expansión do remanente de supernova de Tycho, o resultado dunha explosión estelar que fora rexistrada por primeira vez hai uns 400 anos polo famoso astrónomo Tycho Brahe. O vídeo-secuencia de 2 segundos está composto por imaxes de raios X tiradas polo observatorio orbital de raios X Chandra entre os anos 2000 e 2015, engadíndolle un marco de estrelas no rango óptico. A nube de gas en expansión está enormemente quente, mentres que as velocidades de expansión lixeiramente diferentes déronlle á nube unha aparencia inchada. Aínda que a estrela que creou SN 1572 case con toda seguridade non exista, unha estrela alcumada Tycho G, demasiado feble para albiscarse aquí, pénsase que era unha compañeira. Atopar os remanentes proxenitores da supernova de Tycho é especialmente importante porque asupernova é do Tipo Ia, un chanzo relevante na escada de distancias que calibra a escalado universo visible. Pénsase que o máximo de brillo das supernovas de Tipo Ia se comprende ben, dándolles bastante valor na exploración das relacións entre claridade e palidez do universo afastado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón