Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Ollo de Gato

Créditos da imaxe e copyright: Josh Smith
Créditos da imaxe e copyright: Josh Smith

Explicación: a nebulosa Ollo de Gato (NGC 6543) é unha das nebulosas planetarias mellor coñecidas do ceo. O seu perfil máis familiar pode ollarse na rexión central máis brillante da nebulosa nesta impresionante visión gran angular. Pero a imaxe composta combina moitas exposicións curtas e longas que tamén desvelan un halo exterior extremadamente feble. A unha distancia estimada de 3.000 anos luz, o tenue halo exterior ten uns 5 anos luz de diámetro. As nebulosas planetarias entendéronse durante moito tempo coma a fase final da vida dunha estrela de tipo solar. Máis recentemente, atopouse que algunhas nebulosas planetarias teñen halos coma este, probablemente formados do material expulsado durante episodios temperáns da evolución da estrela. Cóidase que mentres a fase de nebulosa planetaria dura uns 10.000 anos, os astrónomos estiman que a idade das partes filamentarias máis externas deste halo teñen entre 50.000 e 90.000 anos. Á esquerda pode ollarse, a uns 50 millóns de anos luz máis alá da atenta nebulosa planetaria, a galaxia espiral NGC 6552.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente