Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa lagoa en alta definición

Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO/INAF/R. Colombari/E. Recurt; ensamblaxe e procesado: R. Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO/INAF/R. Colombari/E. Recurt; ensamblaxe e procesado: R. Colombari

Explicación: as estrelas están a loitar co gas e o po da nebulosa da Lagoa pero os fotógrafos están a gañar. Esta fotoxénica nebulosa, tamén coñecida coma M8, pode ollarse incluso sen prismáticos cara a constelación de Sagittarius. Os procesos potentes de formación estelar crean non só cores senón o caos. O gas brillante en vermelloprocede da luz estelar de elevada enerxía que bate no gas hidrógeno interestelar. Os filamentos de po escuro que amalloan M8 foron creados nas atmosferas de estrelas xigantes frías e nos refugallos das explosións de supernovas. A luz procedente de M8 que ollamos hoxe saíu hai uns 5.000 anos. Á luz lévalle uns 50 anos cruzar esta sección de M8.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente