Venres 19 Abril 2024

A nebulosa Espagueti

Créditos e copyright: Giuseppe Donatiello (Italia) e Tim Stone (EUA)
Créditos e copyright: Giuseppe Donatiello (Italia) e Tim Stone (EUA)

Explicación: é sinxelo perderse seguindo os fíos intrincados da nebulosa Espagueti. Os filamentos brillantes de gas, un remanente de supernova catalogado coma Simeis 147 e Sh2-240, cobren case 3 graos do ceo; 6 lúas cheas. Iso é uns 150 anos luz á distancia estimada para os refugallos estelares de 3.000 anos luz. Esta composición definida inclúe os datos de imaxes tirados ao través de filtro de banda estreita para salientar a emisión que procede dos átomos de hidróxeno que perfilan o gas brillante e golpeado. O remanente de supernova ten unha idade estimada duns 40.000 anos, o que significa que a luz que procede da masiva explosión estelar acadou a Terra por primeira vez hai 40.000 anos. Pero o remanente en expansión non é a única secuela. A catástrofe cósmica tamén deixou por detrás unha estrela de neutróns xiratoria ou púlsar, todo iso restos do núcleo orixinal da estrela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón