A nebulosa do Pelícano

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari

Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Roberto Colombari

Explicación: a nebulosa Pelícano está a ser transformada lentamente. IC 5070, a designación oficial, está atravesada desde a máis grande nebulosa Norteamérica por unha nube molecular chea con po escuro. Porén, o Pelícano recibe moita atención porque é unha mestura particularmente activa de formación estelar e nubes de gas en evolución. A imaxe publicada foi producida por tres cores específicas, luz emitida polo xofrehidróxeno e o osíxeno, que poden axudarnos a comprender mellor esas interacción. A luz procedente das potentes estrelas enerxéticas están a transformar lentamente o gas frío en gas quente, coa fronteira avanzando entre as dúas, coñecida coma unha fronte de ionización, visible en laranxa brillante á dereita. Fican os tentáculos densos de gas frío. Millóns de anos desde agora esta nebulosa podería non ser coñecida máis coma o Pelícano, mentres o equilibrio e ubicación de estrelas e gas ficará seguramente algo que semella completamente diferente.
Repaso anual de astronomía: o editor do APOD dará un relatorio en xaneiro en Philadelphia e na cidade de New York
(e o tradutor ao galego en Ourense, Vigo e outras cidades galegas)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.