Venres 19 Abril 2024

A nebulosa do Cangrexo dende o Hubble

Créditos da imaxe: NASA, ESA, J. Hester, A. Loll (ASU)
Créditos da imaxe: NASA, ESA, J. Hester, A. Loll (ASU)

Explicación: esta é a lea que fica cando explosiona unha estrela; a nebulosa do Cangrexo, o resultado dunha supernova ollada en filamentos misteriosos. Os filamentos son tremendamente complexos, pero semellan ter menos masa que a expulsada na supernova orixinal e a velocidade máis alta que a agardada para unha explosión libre. A imaxe publicada, tirada polo Telescopio Espacial Hubble, preséntase en tres cores escollidos polo seu interese científico. A nebulosa do Cangrexo abarca uns 10 anos luz. En pleno centro da nebulosa atópase un púlsar: unha estrela de neutróns tan masiva coma o Sol pero con tamaño dunha cidade pequena. O púlsar do Cangrexo rota unhas 30 veces por segundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón