Explicación: a maxestuosa nebulosa da Lagoa está chea de gas quente e alberga moitas estrelas novas. Abarcando 100 anos luz de diámetro mentres se atopa a tan só uns 5000 anos luz de distancia, a nebulosa da Lagoa é tan grande e brillante que pode ollarse sen telescopio cara a constelación do Arqueiro (Sagittarius). Poden verse moitas estrelas brillantes desde NGC 6530, un cúmulo aberto que se formou na nebulosa hai só varios millóns de anos. A nebulosa máis grande, tamén coñecida coma M8 e NGC 6523, é chamada “Lagoa” pola franxa de po que se olla á dereita do centro do cúmulo aberto. A imaxe publicada tirouse na luz emitida polo hidróxeno (amosado en marrón), xofre (vermello) e osíxeno (azul) e publicada en cores salientadas. A imaxe que se publica é unha panorámica procesada de novo de M8, capturando dúas veces o diámetro da Lúa chea. A formación de estrelas continúa na nebulosa da Lagoa como atestemuñan os moitos glóbulos que hai aí.