Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa da Gamba

 Créditos e copyright: Michael Sidonio
Créditos e copyright: Michael Sidonio

Explicación: ao sur de Antares, na cola da constelación rica en nebulosas Escorpión, atópase a nebulosa de emisión IC 4628. As estrelas achegadas, masivas e quentes, con millóns de anos de idade, irradian a nebulosa con luz ultravioleta invisible, arrincando os electróns dos átomos. Ao final, os electróns recombínanse cos átomos para producir o visible brillo nebular, dominado pola emisión vermella do hidróxeno. A unha distancia estimada de 6.000 anos luz, a rexión amosada ten uns 250 anos luz de diámetro abarcando unha área equivalente no ceo a catro lúas cheas. A nebulosa tamén está catalogada coma Gum 56 polo astrónomo australiano Colin Stanley Gum, pero os astrónomos amantes do marisco poderían coñecer esta nube cósmica como a nebulosa da Gamba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente